Para poñer en valor, divulgar e conservar o conxunto patrimonial dos muíños do Folón e do Picón, así como potenciar a oferta turística da comarca e a ruta dos muíños como un espazo natural no que se poidan desenvolver actividades relacionadas co lecer e o turismo, o concello do Rosal promove o acondicionamento do punto de chegada cun espazo de esparexemento previo á ruta de interese cultural.
Abórdase este conxunto de actuacións con sobriedade, procurando que sexa a propia paisaxe e conxunto a protexer o que teña o protagonismo.
Aproveitando o diferente carácter de dúas zonas delimitadas pola topografía natural da paisaxe, na que a cota máis baixa conéctase co río e visualmente co val e outra cota máis alta, cun maior carácter forestal, organízanse en dúas áreas de actuación as necesidades previstas.
Por unha banda, unha bancada soluciona a contención do desnivel do terreo e exponse como unha aula ao aire libre que permite a explicación da ruta aos grupos de excursionistas ou estudantes.
Doutra banda, na cota máis alta, proxéctanse a zona de aparcamento e zona de descanso que integra un quiosco, unha área de mesas cuberta por unha malla metálica a modo de protector solar e un módulo de aseos públicos con punto limpo.
Para pechar a ruta circular aos muíños sen invadir a vía de tráfico rodado, constrúese unha ampla pasarela sobre o río totalmente de madeira.
Os muíños do Folón e do Picón son un grupo de 57 muíños declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico do Baixo Miño, formando un excepcional complexo histórico-etnográfico-industrial, quizais único en Europa. A disposición dos muíños en fervenza aproveitando a orografía do lugar aumenta a enerxía hidráulica do conxunto.
Atópanse situados no Concello da Roseira, entre os lugares de Martín e Fornelos, na ladeira do monte Campo do Couto, desde o cal se pode contemplar o val do Rosal, a desembocadura do río Miño e o monte de Santa Tegra.
O conxunto pódese visitar mediante unha ruta circular, por unha banda os muíños do Folón composta por 36 edificacións e pola outra os muíños do Picón nos que observamos 21 construcións.
Ambas rutas inícianse no mesmo punto, no chamado “A Ponte das Penas”. A ruta non dispón actualmente de ningún espazo de recepción para os visitantes que deciden achegarse.
Para poñer en valor, divulgar e conservar o conxunto patrimonial, así como potenciar a oferta turística da comarca e a ruta dos muíños como un espazo natural no que se poidan desenvolver actividades relacionadas co lecer e o turismo, o concello promove o acondicionamento do punto de chegada cun espazo de esparexemento previo á ruta de interese cultural.
Abórdase este conxunto de actuacións con sobriedade, procurando que sexa a propia paisaxe e conxunto a protexer o que teña o protagonismo.
Utilizamos a estratexia de distribuír os usos en función da seguridade para as persoas e a accesibilidade, o carácter do uso concreto e a relación da propia intervención co enclave natural en que se atopa.
A área de intervención discorre paralela ao regacho e ten varios niveis. A entrada ou a chegada a este punto de intervención coincide co arranque da topografía do monte onde se atopa o patrimonio etnográfico a protexer e potenciar.
Aproveitando o diferente carácter de dúas zonas delimitadas pola topografía natural da paisaxe, na que a cota máis baixa conéctase co río e visualmente co val e outra cota máis alta, cun maior carácter forestal, organízanse en dúas áreas de actuación as necesidades previstas.
Por unha banda, unha bancada soluciona a contención do desnivel do terreo e exponse como unha aula ao aire libre que permite a explicación da ruta aos grupos de excursionistas ou estudantes.
Doutra banda, na cota máis alta, proxéctanse a zona de aparcamento e zona de descanso que integra un quiosco, unha área de mesas cuberta por unha malla metálica a modo de protector solar e un módulo de aseos públicos con punto limpo.
Para pechar a ruta circular aos muíños sen invadir a vía de tráfico rodado, constrúese unha ampla pasarela sobre o río totalmente de madeira.
Os diferentes tratamentos dos pavimentos responden aos distintos usos e resólvense da forma máis natural posible. A zona de transición entre o regacho e a área de esparexemento mantén unha franxa verde que discorre paralela ao río e onde se pretende unha futura recuperación do bosque de ribeira autóctono. As zonas de uso peonil proxéctanse verdes ou semiduras mediante terreo compactado. A liña divisoria entre as dúas plataformas complétase cunha zona verde acompañando lonxitudinalmente ás bancadas. Por último, as zonas de tráfico rodado soluciónanse cun formigón terrizo.
As intervencións materiais se diseminan coa paisaxe como pinceladas illadas que se engloban baixo unha lectura continua: a súa materialización. Para iso emprégase un elemento masivo, a nova pedra, o formigón que se desenvolve e prega segundo as necesidades da actividade que se desenvolva.
Cabe destacar dous pequenos volumes, un para o quiosco e outro para o punto limpo e aseos, inspirados nas proporcións dos muíños, pero que non pretenden copiar nin mimetizar estas construcións protexidas, e que se resolven como unha actuación máis contemporánea ao propoñer unha materialización en formigón tinxido e chorreado realizado coa intención de deixar os cantos rodados vistos.
Vexetación autóctona para resolver desencontros. Cores da terra e do bosque para maior integración. Chorreado do formigón tintado nos muros de contención, as bancadas e as construcións, mostrando os áridos do formigón en dialogo cos cantos rodados do regacho. Mesmo nos pequenos elementos de apoio como as mesas ou o bebedoiro dos cabalos. Unha malla metálica entre as construcións, que recolle as follas do outono, recrea un bosque de sombra sobre as mesas.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.

Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Crisalida
Casa Bosque
Redes
Caballete
El haz y el envés
Horreos en Combarro
Periscopio
Los barcos pasan
El patio y la muralla
Casa castreña
Casa do Folón
El color y la escala
Socalco
Edificio Sarria
Puerta al horizonte
¡Oh, capitán! ¡mi capitán!
Casa Porriño
Caja abierta
Estar fuera dentro…
Integración en el terroso
El descanso del guerrero
Puente de mando
Casa La Noria
Balcón de proa
Casa Don Juan
Racionalismo en Pontevedra
Pazo de Gandarón
Cochiqueras
Pisar la tierra, tocar el cielo
Sobre tres islas
Tragaluz
Tanto monta, monta tanto
Chiringuito Marouco de palla
Pousada de Ribadumia
Pousada de Armenteira
Espacio NEMONON
Pilar Martínez ABOGADOS
Jar Mjc
Pma
MNSM
Mcva Ell
Nakaniwa
Pabellón de oficinas
Nave industrial
Mlpg Gph
Jardines Monumento a la memoria