![](https://maurolomba.com/wp-content/uploads/2021/11/MG_9245-1536x1024.jpg)
![](https://maurolomba.com/wp-content/uploads/2021/11/MG_9254-1536x1025.jpg)
![](https://maurolomba.com/wp-content/uploads/2021/11/MG_9389-1536x1024.jpg)
![](https://maurolomba.com/wp-content/uploads/2021/11/MG_9269-1024x1536.jpg)
![](https://maurolomba.com/wp-content/uploads/2021/11/MG_9350-1024x1536.jpg)
![](https://maurolomba.com/wp-content/uploads/2021/11/MG_9386-1152x1536.jpg)
O centro da Misión Biológica de Galicia está formado por unha parcela singular que ten 11 hectáreas dedicadas á investigación agraria. Está rodeada dun gran muro de pedra e existen tres edificios principais: O Pazo de Gandarón, o edificio Cruz Gallástegui, e o edificio Miguel Odriozola, ademais doutras construcións auxiliares e uns xardíns con especies de gran interese.
Alejandro de la Sota construíu nesta leira unha das súas primeiras obras. O proxecto data do ano 1949 aínda que a súa construción realizouse anos máis tarde. Foi promovida polo Consello Superior de Investigaciones Científicas, CSIC, para acoller os laboratorios e oficinas da Misión Biológica, que estaban no Pazo de Gandarón.
No ano 2008, o CSIC, adscrito ao Ministerio de Ciencia e Innovación, encárganos solucionar os problemas de accesibilidade deste edificio.
O centro da Misión Biológica de Galicia está formado por unha parcela singular que ten 11 hectáreas dedicadas á investigación agraria. Está rodeada dun gran muro de pedra e existen tres edificios principais: O Pazo de Gandarón, o edificio Cruz Gallástegui, e o edificio Miguel Odriozola, ademais doutras construcións auxiliares e uns xardíns con especies de gran interese.
Alejandro de la Sota construíu nesta leira unha das súas primeiras obras. O proxecto data do ano 1949 aínda que a súa construción realizouse anos máis tarde. Foi promovida polo Consello Superior de Investigaciones Científicas, CSIC, para acoller os laboratorios e oficinas da Misión Biológica, que estaban no Pazo de Gandarón.
No ano 2008, o CSIC, adscrito ao Ministerio de Ciencia e Innovación, encárganos solucionar os problemas de accesibilidade deste edificio. Inicialmente solicitábase introducir un ascensor na caixa de escaleiras adaptando ou reformando as distintas plantas na zona que se afectase: despachos, laboratorios, etc.
A proposta que fixemos desde o estudo foi respectar a obra tal como era e colocar un ascensor exterior protexendo a distribución interior, xa que esta responde aínda o proxecto orixinal de Alejandro de la Sota, e sen alterar tampouco as escaleiras, que sempre foron, ao longo de toda a súa obra, unha proposta delicada e sensible, incluíndo as súas varandas. Para situar o ascensor buscamos o punto máis adecuado, onde todos os relanzos da escaleira de todas as plantas coincidían, na fachada enfrontada ao bosque de árbores.
Separado un pouco do edificio, o ascensor preséntase como o tronco máis dese bosque, coa mesma textura, coa mesma cortiza, cos mesmos raiados no formigón superficial que fixo Alejandro da Sota nos parteluces e nos beirados. Realmente esa foi a idea e así foi como tentamos executala.
A separación entre ese tronco ata o propio edificio a nivel de cada planta, realízase a través dunha peza intermedia de vidro, de forma que lle dá moitísima lixeireza e fai que se separe totalmente o volume macizo do tronco da obra orixinal. Visto de perfil vese como está completamente illado e que se separou o suficiente para que este tronco non tocase tampouco ao chegar arriba e vísese como unha actuación independente. Deste xeito simple, solucionamos a accesibilidade do edificio, elimináronse as barreiras e conseguiuse facer unha actuación que afectase o menos posible á construción orixinal.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.

Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Crisalida
Casa Bosque
Redes
Caballete
El haz y el envés
Horreos en Combarro
Periscopio
Los barcos pasan
El patio y la muralla
Casa castreña
Casa do Folón
El color y la escala
Socalco
Edificio Sarria
Puerta al horizonte
¡Oh, capitán! ¡mi capitán!
Casa Porriño
Caja abierta
Estar fuera dentro…
Integración en el terroso
El descanso del guerrero
Puente de mando
Casa La Noria
Balcón de proa
Casa Don Juan
Racionalismo en Pontevedra
Pazo de Gandarón
Cochiqueras
Pisar la tierra, tocar el cielo
Sobre tres islas
Tragaluz
Tanto monta, monta tanto
Chiringuito Marouco de palla
Pousada de Ribadumia
Pousada de Armenteira
Espacio NEMONON
Pilar Martínez ABOGADOS
Jar Mjc
Pma
MNSM
Mcva Ell
Nakaniwa
Pabellón de oficinas
Nave industrial
Mlpg Gph
Jardines Monumento a la memoria