


Presentamos unha serie de mesas e un teito deseñados para Villa Pilar.
O teito para o salón de eventos ten o obxectivo de resolver a acústica e a iluminación en distintas situacións de uso. Deséñase como un xogo de caixas con tapas móbiles, como as caixas de madeira de botellas de viño, pero colocadas ao revés, de forma que nos permiten abrir ou pechar as tapas regulando a luz e a acústica. As caixas poden estar abertas total ou parcialmente, tamén pechadas, deixando pasar máis ou menos luz, ou ningunha.
Sobre o chan deseñamos unhas mesas con paus de escoba que suxeitan unhas caixas, tamén con tapas móbiles, pero de cores. Poden ter distinta altura e funcionan como mesas ou expositores. Poden estar soas ou en grupo e compoñer moitas formas xeométricas.
Presentamos unha serie de mesas e un teito deseñados para Villa Pilar.
O teito para o salón de eventos ten o obxectivo de resolver a acústica e a iluminación en distintas situacións de uso.
Deitados no chan da sala e mirando ao teito imaxinámonos tombados no campo e mirando ao ceo. As flores entre os dedos das mans e os insectos voando ao redor, unha brisa suave e temperatura agradábel. A luz variando ao longo do día, ás veces as nubes a filtran ou cortan o seu paso, as estrelas brillan pola noite. Abstraendo a paisaxe atopamos a solución. Para o teito deseñamos un xogo de caixas con tapas móbiles, como as caixas de madeira de botellas de viño, pero colocadas ao revés, de forma que nos permiten abrir ou pechar as tapas regulando a luz e a acústica. As caixas poden estar abertas total ou parcialmente, tamén pechadas, deixando pasar máis ou menos luz, ou ningunha. Como o ceo e as nubes, os tronos e lóstregos, a noite escura ou as estrelas brillando. Sobre o chan deseñamos unhas mesas con paus de escoba que suxeitan unhas caixas, tamén con tapas móbiles, pero de cores. Poden ter distinta altura e funcionan como mesas ou expositores. Poden estar soas ou en grupo e compoñer moitas formas xeométricas. Crecen como flores, illadas ou xuntas, cos seus talos delicados e os seus pétalos de cor, abríndose ou pechándose coa luz, co día ou coa noite.
A solución técnica é moi similar tanto para o teito como para as mesas. Mecanízanse por control numérico unhas táboas de madeira cunha serie de canles. Estas táboas colócanse de canto polo que se consegue gran resistencia á flexión. Funcionan como pequenas vigas e as canles serven de guía para facilitar o escorregamento das chapas de madeira nas caixas do teito ou de vidro nas mesas. O teito acábase con lasur branco dándolle un aspecto de ceo ao conxunto. As mesas trátanse cun verniz á auga de poro aberto. As patas das mesas únense de forma aleatoria ás caixas que soportan mediante unha ensamblaxe oculta con dúas conectores de madeira encolados.
Do mesmo xeito que o campo se enche de flores e a luz do ceo cambia coas estacións, Villa Pilar adáptase e regúlase en función da actividade.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Crisalida
Casa Bosque
Redes
Caballete
El haz y el envés
Horreos en Combarro
Periscopio
Los barcos pasan
El patio y la muralla
Casa castreña
Casa do Folón
El color y la escala
Socalco
Edificio Sarria
Puerta al horizonte
¡Oh, capitán! ¡mi capitán!
Casa Porriño
Caja abierta
Estar fuera dentro…
Integración en el terroso
El descanso del guerrero
Puente de mando
Casa La Noria
Balcón de proa
Casa Don Juan
Racionalismo en Pontevedra
Pazo de Gandarón
Cochiqueras
Pisar la tierra, tocar el cielo
Sobre tres islas
Tragaluz
Tanto monta, monta tanto
Chiringuito Marouco de palla
Pousada de Ribadumia
Pousada de Armenteira
Espacio NEMONON
Pilar Martínez ABOGADOS
Jar Mjc
Pma
MNSM
Mcva Ell
Nakaniwa
Pabellón de oficinas
Nave industrial
Mlpg Gph
Jardines Monumento a la memoria