Casa Bosque
Pontevedra
,
2013
Recibimos o encargo de realizar unha casa, a desenvolver en planta baixa, nunha parcela moi longa e estreita. Os promotores desexaban espazos amplos e luminosos, con ambientes para gozar da calma e a lectura, de recibir aos amigos e do descanso familiar. Tamén dos usos exteriores sobre a propia parcela. Debía ter unha zona ampla de biblioteca onde os libros ordenados son mestura de coñecemento e fetichismo. Tomando como idea o concepto de libro proxectamos a casa.