Casa Buque

Bueu
,
2016

Estamos en Bon, alto do concello de Bueu.

A vía de acceso está na cota máis elevada da parcela e o enclave ten unhas vistas espectaculares sobre a paisaxe onde se atopan a ría de Pontevedra e o mar.

Crecer cara abaixo, liberando a parte alta de interrupcións visuais desde a estrada, permite a todos os transeúntes gozar da paisaxe e non impide que a casa se integre graduada, aberta e acristalada cara ao mesmo paisaxe. Sobre a súa cuberta emerxe un pequeno volume transparente que a modo de ponte simboliza a entrada e introduce o sol no centro da casa.