










Este proyecto surge de multiples conversaciones con los promotores. Manuel y Manuela, gallegos, residentes en Suiza, son muy creativos e inquietos, cultos en un espectro amplio. Entienden la vida desde una actitud sensible y responsable en lo que representa el binomio ser humano-naturaleza.
Su deseo es construir un espacio habitacional en su lugar de origen, O Baixo Miño, procurando una relación de armonia con el entorno natural, que les permita reencontrarse con su hábitat y con los sueños, que favorezca el desarrollo creativo, el descanso y la felicidad.
Para ello tenemos que encontrar una solución espacial y constructiva que responda de forma equilibrada a sus deseos y que lo haga a través de una arquitectura emocional, que atienda a los cinco sentidos.
Desde el acceso caminamos hacia el interior del bosque de pinos a través de una parcela larga y estrecha. Construimos al final del recorrido, en una área más amplia y menos densa. Respeto absoluto a los árboles. No se tala ninguno. La arquitectura orgánica de la crisálida se adapta al lugar, entre los árboles, con sus paredes inclinadas para librar ramas, para favorecer ángulos de mayor incidencia solar, para provocar zonas de sombra, para conquistar el espacio interior en diálogo con el exterior.
Este proxecto xorde de múltiples conversacións cos promotores. Manuel e Manuela, galegos, residentes en Suíza, son moi creativos e inquietos, cultos nun espectro amplo. Entenden a vida desde unha actitude sensible e responsable no que representa o binomio ser humano-natureza.
O seu desexo é construír un espazo habitacional no seu lugar de orixe, O Baixo Miño, procurando unha relación de harmonía coa contorna natural, que lles permita reencontrarse co seu hábitat e cos soños, que favoreza o desenvolvemento creativo, o descanso e a felicidade.
Para iso temos que atopar unha solución espacial e construtiva que responda de forma equilibrada aos seus desexos e que o faga a través dunha arquitectura emocional, que atenda aos cinco sentidos.
Desde o acceso camiñamos cara ao interior do bosque de piñeiros a través dunha parcela longa e estreita. Construímos ao final do percorrido, nunha área máis ampla e menos densa. Respecto absoluto ás árbores. Non se talla ningún. A arquitectura orgánica da Crisálida adáptase ao lugar, entre as árbores, coas súas paredes inclinadas para librar ramas, para favorecer ángulos de maior incidencia solar, para provocar zonas de sombra, para conquistar o espazo interior en diálogo co exterior.
Tres volumes separados resolven o programa. Os dous principais conforman o espazo habitacional. O de maior volume para o día, para as relacións sociais. Ao seu lado o volume intermedio para a zona de noite, para o descanso, para o recollemento. Os dous volumes con portas de acceso enfrontadas pero separados, reforzando a comuñón coa natureza e xerando espazos intersticiais que serven a situacións distintas en función da época do ano. Cada módulo é funcionalmente autónomo. Cada un co seu propio aseo. O terceiro volume, máis pequeno e algo separado, destínase a un almacén de apeiros de mantemento.
Os volumes colócanse elevados sobre uns elementos de formigón, tratados como esculturas, que resolven a separación da Crisálida co terreo e facilitan a evacuación da auga.
Para resolver a envolvente eliximos o material: a madeira. A madeira, en todas as súas expresións, é un material moi sensorial. Hai unha gran experiencia construtiva tradicional que hai que recuperar e a súa evolución tecnolóxica actual fana cada vez máis segura e competitiva. Funciona moi ben desde o punto de vista eficiente e consegue uns espazos moi confortables. Pódese reciclar e volve á natureza cando finaliza o seu longo ciclo vital.
A envolvente formada por múltiples láminas, concíbese como unha cebola á que lle falta unha das súas capas, para xerar unha cámara ventilada completa, con continuidade entre as fachadas e a cuberta. Na parte baixa leva unhas reixas para evitar a entrada de pequenos animais e na parte alta colocáronse unhas micro chemineas de ventilación que facilitan a aireación. A maior parte das capas realízanse con taboleiros OSB colocados sobre unha estrutura espacial de bastidores e correas de madeira de conífera tratada en sales de cobre. Ao interior os acabados son de lasur branco ou transparente. Como illamento colócase unha capa de taboleiro illante de madeira. A carpintería exterior tamén é toda de madeira, acabada ao interior con lasur branco e ao exterior en gris.
A eficiencia enerxética conséguese cunha magnífica envolvente sumada a unhas instalacións básicas da casa. Instálase un termo para a auga quente sanitaria. Unha pequena estufa de leña, colocada no salón principal, é suficiente para quentar o volume de día. Cando interesa, mediante un sistema moi simple realizado cun conduto illado e un ventilador, envíase a calor acumulada na zona máis alta do salón cara ao volume de noite. Ademais, tanto no chan dos espazos como nas zonas altas, colócanse unhas reixas con regulación manual que permiten xerar unha ventilación cruzada ou refrescar a casa ao provocar a entrada de aire fresco desde a zona sanitaria baixo a casa.
O revestimento exterior das fachadas e cubertas da Crisálida proxéctase como a casca dun animal ou a cortiza das árbores, con textura e resistente para protexer as múltiples capas que conforman a envolvente. Realízase cun morteiro de arlita favorecendo a continuidade entre as fachadas e as cubertas e funcionando como un porrón.
Colocáronse estratexicamente unhas baleas roscadas, de aceiro inoxidable, para a suxeición final dunhas mallas, separadas da construción uns 50cm, que a modo de toldos funcionasen como protección solar, control das vistas e paragolpes das caídas das piñas. Trátase da última capa da envolvente, inspirada na seda da Crisálida e que se coloca na época estival.
Proxectamos e construímos unha casa, onde todos os axentes implicados foron importantes, cada un desde a súa función, a súa responsabilidade ou o seu coñecemento, desde os promotores ata os operarios, investigando nos talleres, atopando solucións e gozando dos resultados.
Entre os piñeiros, a Crisálida atopa o seu lugar, coas súas texturas, coa súa casca empezando a ser conquistado polos liques. No seu interior, a madeira déixase tocar, déixase sentir. A actividade de Manuel e Manuela non cesa mentres escoitan o canto dos paxaros, o movemento das ramas e as follas. Os aromas das flores, as plantas e a terra infórmanche mentres o sol penetra entre as copas das árbores ou a choiva e o vento golpean a envolvente.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Crisalida
Casa Bosque
Redes
Caballete
El haz y el envés
Horreos en Combarro
Periscopio
Los barcos pasan
El patio y la muralla
Casa castreña
Casa do Folón
El color y la escala
Socalco
Edificio Sarria
Puerta al horizonte
¡Oh, capitán! ¡mi capitán!
Casa Porriño
Caja abierta
Estar fuera dentro…
Integración en el terroso
El descanso del guerrero
Puente de mando
Casa La Noria
Balcón de proa
Casa Don Juan
Racionalismo en Pontevedra
Pazo de Gandarón
Cochiqueras
Pisar la tierra, tocar el cielo
Sobre tres islas
Tragaluz
Tanto monta, monta tanto
Chiringuito Marouco de palla
Pousada de Ribadumia
Pousada de Armenteira
Espacio NEMONON
Pilar Martínez ABOGADOS
Jar Mjc
Pma
MNSM
Mcva Ell
Nakaniwa
Pabellón de oficinas
Nave industrial
Mlpg Gph
Jardines Monumento a la memoria