Centro de día para persoas sen recursos

Pontevedra
,
2017

O proxecto trata de configurar un espazo habitable e suficientemente confortable para o seu uso por persoas desfavorecidas, mediante elementos e materiais sinxelos. Para a localización do centro de día contamos cun amplo espazo que é preciso acondicionar, delimitando unha superficie proporcionada ás necesidades e un espazo funcional e confortable que favoreza a súa utilización polos usuarios a quen vai dirixido. Para iso realízase unha proposta que desde o punto de vista formal concrétase nunha construción independente do espazo onde se sitúa e que se deseña formalmente coma se dun moble habitable tratásese. Este moble-contedor disponse no interior da capela existente que se utiliza actualmente como roupeiro, pero acoutándoo de forma que nos permita acondicionalo satisfactoriamente, pensando mesmo na posibilidade dunha recolocación futura, por tanto o espazo habitable deséñase como un mecano desmontable que facilitará trasladalo a outro espazo-nave e montalo novamente.