Espazo multidisciplinar creativo ao redor da arquitectura

NEMONON é unha iniciativa de xestión cultural e organización de eventos promovida por Mauro Lomba que inicia a súa andaina en 2015 da man do seu estudo de arquitectura en Pontevedra.

Desde entón, nos seus exclusivos espazos, NEMONON xestionou e acolleu máis de 300 eventos entre conferencias, exposicións, obradoiros, presentacións corporativas, cursos ou concertos.

Tomando a arquitectura como fío condutor, NEMONON aspira a converterse nun condensador de disciplinas creativas —pintura, fotografía, música, gastronomía, moda…— no que gozar intercambiando experiencias e coñecementos.

Nestes momentos, estamos ultimando os preparativos dunha nova e ilusionante etapa do noso estudo de arquitectura e do espazo NEMONON no centro histórico de Pontevedra.

Máis información