











Villa Pilar, unha casa indiana construída en 1905 en Pontevedra. Xa pasou máis dun século e agora, na era da domótica e as comunicacións, tócanos rehabilitar os espazos entre o respecto e os coñecementos actuais, tal como fixese o indiano. Liberamos o espazo procurando a máxima amplitude e cun funcionamento circular ao redor da caixa de escaleiras. As fachadas tamén se liberan de particións. A simetría da planta permite destinar un á para a xestión e traballo das distintas actividades. Outra das ás para salón de actos cunha utilización moi flexible que se adapta ás distintas situacións de uso. O eixo marcado polas escaleiras separa o espazo principal de entrada que funciona como recepción, do espazo máis reservado do conxunto, que funciona como unha sala de xuntas e galería, tamén moi flexibles no seu uso.
Villa Pilar é a casa que un indiano quixo construír na súa terra natal, Pontevedra, despois de facer fortuna primeiro en Cuba e despois en Nova York.
Aínda que existe un proxecto previo do arquitecto Antonio Crespo, o edificio de Villa Pilar que finalmente se acabou de construír en 1905 e que hoxe podemos contemplar, nada ten que ver con aquela primeira formulación e distintos estudosos atribúeno a outro arquitecto cubano.
Está rodeada por un pequeno xardín, pechado á súa vez por unha reixa de forxa, é unha referencia na cidade, a xente pode orientarse só con dicir o seu nome.
Constitúe un lugar no que o tempo parece deterse. Mesmo, nos brillantes días asollados da ría de Pontevedra, desde o interior de Villa Pilar os raios de sol parecen atravesar as súas ventás acompañadas dun son cubano que se escoita ao lonxe.
De arquitectura ecléctica, con elementos do romanticismo e balaustradas de estilo inglés, conviven no seu interior o mármore de carrara da escalinata de entrada, coas máis nobres madeiras do resto da escaleira e co formigón das súas balconadas, material que no momento en que se construíu Villa Pilar, era o máis avanzado en materiais de construción e estaba a provocar toda unha revolución no mundo da arquitectura.
Seguramente o indiano, persoa inquieta e emprendedora a xulgar pola súa traxectoria, quixo deixar pegada na súa cidade natal da chegada do formigón e demostrar o seu interese e admiración polos avances tecnolóxicos e industriais da época que lle tocou vivir.
Xa pasou máis dun século e agora, na era da domótica e as comunicacións, tócanos rehabilitar os espazos entre o respecto e os coñecementos actuais, tal como fixese o indiano. Liberamos o espazo procurando a máxima amplitude e cun funcionamento circular ao redor da caixa de escaleiras. As fachadas tamén se liberan de particións. A simetría da planta permite destinar un á para a xestión e traballo das distintas actividades. Outra das ás para salón de actos cunha utilización moi flexible que se adapta ás distintas situacións de uso. O eixo marcado polas escaleiras separa o espazo principal de entrada que funciona como recepción, do espazo máis reservado do conxunto, que funciona como unha sala de xuntas e galería, tamén moi flexibles no seu uso.
Entre xanela e xanela de todo o perímetro da planta proxéctase un moble branco que inclúe usos moi diferentes pero que dá unha imaxe de unidade. Ao mesmo tempo, estes armarios nas paredes dos muros de carga principais, axudan a illar o perímetro da casa e aumentan o espesor dos ocos, conseguindo unha iluminación peneirada e diferente ao longo do día.
Estes mobles reforzan a estrutura conceptual dos muros de carga, mesmo no chan e nos teitos, xa que se dá continuidade ao pavimento e ao teito no espesor dos armarios – muros. O único volume construído en seco e con derivados da madeira, fórmano os aseos que se dispoñen facilitando o seu uso desde calquera parte dos percorridos perimetrais á escaleira. Este volume de aseos non chega ao teito xeral e ten unha cuberta de vidro de forma que a luz do resto de espazos e do día, entra sempre no seu interior.
Todos o chans con estrutura de madeira e pavimento de táboa de castiñeiro acabado natural. Os teitos preexistentes que se conservan, restáuranse e os que desapareceran proxéctanse con solucións de madeira de piñeiro tinguido con lasur branco.
Cabe destacar o teito para o salón de actos, deseñado co obxectivo de resolver a acústica e a iluminación en distintas situacións de uso. Proxéctase un xogo de caixas con tapas móbiles, como as caixas de madeira de botellas de viño, pero colocadas ao revés, de forma que nos permiten abrir ou pechar as tapas regulando a luz e a acústica. As caixas poden estar abertas total ou parcialmente, tamén pechadas, deixando pasar máis ou menos luz, ou ningunha.
Mecanizáronse por control numérico unhas táboas de madeira cunha serie de canles. Estas táboas colócanse de canto polo que se consegue gran resistencia á flexión. Funcionan como pequenas vigas e as canles serven de guía para facilitar o escorregamento das chapas de madeira nas caixas do teito.
Toda a carpintería exterior é completamente de madeira, lacada en ambas as caras e mantén a composición orixinal dos seus ocos, incluíndo os vidros cos seus debuxos. A carpintería interior é de madeira lacada e, de forma especial, recicláronse anacos de antigas molduras para colocalos sobre unhas portas corredizas de vidro, permitindo dividir o espazo segundo interese. A posibilidade de que as solucións aplicadas en teitos, portas e armarios, sexan móbiles, facilitan a flexibilidade do espazo acompañando a súa adecuación ás distintas actividades.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
La Voz de Galicia. 09 de octubre de 2017.
Una arquitectura de los sentidos.
El Correo Gallego. 10 de octubre de 2017
Estas son los mejores edificios gallegos de 2017 según el colegio de los arquitectos.
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Premio Egurtek 2019
Premio COAG 2018
Premio Gran de Area 2017
Crisalida
Casa Bosque
Redes
Caballete
El haz y el envés
Horreos en Combarro
Periscopio
Los barcos pasan
El patio y la muralla
Casa castreña
Casa do Folón
El color y la escala
Socalco
Edificio Sarria
Puerta al horizonte
¡Oh, capitán! ¡mi capitán!
Casa Porriño
Caja abierta
Estar fuera dentro…
Integración en el terroso
El descanso del guerrero
Puente de mando
Casa La Noria
Balcón de proa
Casa Don Juan
Racionalismo en Pontevedra
Pazo de Gandarón
Cochiqueras
Pisar la tierra, tocar el cielo
Sobre tres islas
Tragaluz
Tanto monta, monta tanto
Chiringuito Marouco de palla
Pousada de Ribadumia
Pousada de Armenteira
Espacio NEMONON
Pilar Martínez ABOGADOS
Jar Mjc
Pma
MNSM
Mcva Ell
Nakaniwa
Pabellón de oficinas
Nave industrial
Mlpg Gph
Jardines Monumento a la memoria